CANTO SABES DE LITUANIA? XVI
Continúo coa serie adicada a Lituania, a maior e máis poboada das tres repúblicas bálticas, situada no nordés de Europa cun rico patrimonio histórico, paisaxes cubertas por densos bosques e costas no mar Báltico.
A contestación correcta á pregunta de onte é Lituano. É unha lingua considerada das máis antigas de Europa conservándose desde a antigüidade ata o día de hoxe case inmutable na súa gramática. Xunto co letón, forma parte do grupo das linguas bálticas, linguas indoeuropeas pero distintas das eslavas e nórdicas. A maioría da poboación maior de idade tamén fala ruso e xa de maneira máis minoritaria fálase polaco nas áreas onde esta minoría é maioritaria.
E imos coa pregunta de hoxe?
16. Con cantos Parques Nacionais conta Lituania?
- 2
- 3
- 4
- 5
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: lituano.es e tripadvisor.es
0 comentarios