Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ASTURIAS?

Asturias, oficialmente Principado de Asturias é unha comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica. Especialmente apreciada e querida por min, xa que vivín algún tempo nela, caracterízase por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos. En resumo, Asturias concentra as paisaxes máis bonitas da península, ao meu entender.

Se a queres coñecer millor, propoñoche una serie de preguntas e respostas diarias. Anímaste? Pois alá imos!

1. Asturias limita con…

- Con Galicia ao oeste, con Cantabria ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte.

- Con Galicia ao oeste, co País Vasco ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte.

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: inmocasal.es e villaviciosa.es

0 comentarios