Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ASTURIAS? VI

Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.

A contestación á pregunta de onte é Xunta Xeral do Principado. Asturias posúe un órgano de autogoberno medieval chamado Xunta Xeral, en recordo dunha antiga institución medieval de representación dos concellos ante a Coroa, fundada no ano 1388, como consecuencia da súa transformación en Principado por orde de Xoán I de Castela.

E imos coa preguta de hoxe!

6. Cal é a extensión, aproximada, de Asturias?

- 8.000 km2

- 10.000 km2

- 12.000 km2

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE:es.wikipedia.org  Imaxes: Alberto Morante/lavozdeasturias.es e hernandezrabal.com

0 comentarios