Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ASTURIAS? XV

Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.

A contestación á pregunta de onte é Castelán, asturiano e eonaviego. O idioma oficial é o castelán pero tamén se fala o asturiano ou bable, que aínda que non goza de status oficial, está recoñecida e protexida polo Principado de Asturias de acordo con o seu Estatuto de Autonomía e a lexislación desenvolvida, e o eonoviego, o galego de Asturias, galego que se fala no occidente e que chega polo norte ata uns oito quilómetros da beira oriental do río Navia.

E imos coa preguta de hoxe!

15. Na seguinte relación hai un personaxe que non é asturiano. Saberías atopalo?

1- Severo Ochoa

2- Fernando Alonso

3- Ramón Melendi

4- Víctor Manuel e Ana Belén

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: heraldo.es, fundacioncajamurcia.es, espanol.motorsport.com, conciertosengranada.es e

0 comentarios