CANTO SABES DE ESTREMADURA? XII
Continúo coa serie adicada a Estremadura, comunidade autónoma situada no centro-oeste da península ibérica. Un espazo de grandes contrastes e está considerado como un dos máis importantes enclaves ecolóxicos de España. O seu patrimonio histórico é, igualmente, un dos máis sobresalientes da Península Ibérica.
A contestación correcta á pregunta de onte é Asemblea de Estremadura. O parlamento autonómico estremeño é a Asemblea de Estremadura, formada por 65 deputados: 36 elixidos pola provincia de Badaxoz e 29 pola provincia de Cáceres.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Cal é o/a Presidente/a de Estremadura?
1- Blanca Martín Delgado
2- José Antonio Monago Terraza
3- María Guardiola Martín
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios