Blogia
vgomez

A EVOLUCIÓN DA TÁBOA PERIÓDICA, ANO A ANO

 

A táboa periódica vai medrando aos poucos. No que levamos de século  XXI, foron descubertos catro elementos. Son un terzo dos que se coñecían en 1718, ano no que empeza o vídeo supeior. Mostra en que ano foron descubertos os 118 elementos da táboa periódica ao longo do últimos tres séculos.

O vídeo, que dura un minuto e medio, é obra do científico e  divulgador Jamie  Gallagher. Nel vese como van aparecendo elementos segundo pasan os anos. Empeza en 1718 con 13 elementos: ferro, cobre, prata, ouro,  mercurio, chumbo, estaño, carbono, fósforo,  arsénico,  antimonio,  bismuto e xofre. No século  XVIII descubríronse 20 elementos; no  XIX, 51; e no  XX, 30.

No século XIX, exactamente en 1869, foi cando o químico ruso  Dmitri  Mendeléyev publicou Principios da química, base da táboa periódica. Entón foran descubertos 63 elementos, que foron organizados deixando ocos para os que quedaban por coñecer.

Os datos do vídeo proceden da web da Royal Society of Chemistry, a institución que agrupa aos químicos do Reino Unido. Nesa páxina podedes consultar cada descubrimento con máis detalles.

Os elementos da táboa periódica ordénanse polo seu número atómico, a súa configuración de electróns e as súas propiedades químicas.

O próximo elemento no horizonte é o 119. Un equipo de científicos de Xapón está a tentar descubrilo. Bautizouno temporalmente ununennio (un un nove, en latín) e inauguraría por primeira vez unha nova fila na táboa: sería a oitava.

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com

0 comentarios