CANTO SABES DE ESTREMADURA? XIV
Continúo coa serie adicada a Estremadura, comunidade autónoma situada no centro-oeste da península ibérica. Un espazo de grandes contrastes e está considerado como un dos máis importantes enclaves ecolóxicos de España. O seu patrimonio histórico é, igualmente, un dos máis sobresalientes da Península Ibérica.
A contestación correcta á pregunta de onte é 3. A saber...
1. Portugués, coas súas variantes principais: o portugués oliventino, o de Herrera de Alcántara, e o portugués de Cedillo e a franxa fronteiriza en Valencia de Alcántara e La Codosera. Na maioría destas localidades o portugués áchase en regresión. A variedade oliventina contaba en 2014 con 1000 falantes, na súa maioría persoas maiores. Algunhas escolas estremeñas ofrecen o ensino do portugués como lingua estranxeira, pero non sempre a niveis que leven aos alumnos para dominar o idioma.
2. Fala, lingua estreitamente vinculada ao galego e ao portugués, con fortes influencias asturleonesas, está catalogada como ben de interese cultural e goza de especial protección por parte da Xunta de Estremadura. Considérase un grupo dialectal do galaico-portugués plenamente diferenciado do portugués do outro lado da fronteira e do resto de variedades de portugués de Estremadura. Fálase no Val de Jálama (Xálima nesta lingua).
3. Estremeño, lingua formante do tronco asturleonés. Identificada como tal por organismos internacionais, atópase en estado de regresión e carece case por completo de normalización.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
14. Un dos seguintes famosos non é estremeño. Podes identificalo?
1- Raquel Sánchez Silva
2- Ernesto Valverde
3- Alejandro Sanz
4- Pepa Bueno
Mañá a solución e fin da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org, movistararena.cl, 20minutos.es e elperiodicoextremadura.com
0 comentarios