CANTO SABES DE ARAGÓN? II
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.
A contestación correcta á pregunta de onte é Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León, ao sur con Castela-A Mancha e a Comunidade Valenciana e ao leste con Cataluña. Máis concretamente: Limita ao norte con Francia (Occitania e Nova Aquitania), ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León (provincia de Soria), ao sur con Castela-A Mancha (provincias de Guadalaxara e Cuenca) e a Comunidade Valenciana (provincias de Castelló e Valencia) e ao leste con Cataluña (provincias de Lleida e Tarragona).
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Cal destas bandeiras é a de Aragón?
- 1
- 2
- 3
- 4
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: mapas-mundo.com e es.wikipedia.org
0 comentarios