Blogia
vgomez

CANTO SABES DA LITERATURA ESPAÑOLA? VII

Continúo coa serie adicada á Liretatura Española. A literatura é un dos ámbitos que máis destacaron en España, e é que o noso país tivo grandes escritores e escritoras recoñecid@s internacionalmente en cada século da historia, nunha ampla variedade de xéneros entre narrativa, teatro, poesía ou ensaio, así como movementos que penetraron no noso país como o Romanticismo, o Neoclasicismo ou o Modernismo.

A contestación correcta á pregunta de onte é A vida é soño. La vida es sueño, é unha obra de teatro de Pedro Calderón da Barca estreada en 1635 e pertencente ao movemento literario do barroco. O tema central é a liberdade do ser humano para configurar a súa vida, sen deixarse levar por un suposto destino. A obra trata da vida de Sexismundo, fillo do rei-astrólogo Basilio, de Polonia, que encerreo o seu propio fillo dentro dunha torre despois de interpretar no horóscopo que o nacemento do seu fillo lle traería moitas desgrazas. Co paso do tempo, o rei ordena que traian do cárcere o seu fillo, mais este compórtase dunha maneira incivilizada e volve ser encerrado. O pobo libera o príncipe Sexismundo cando se decata de que volveu ser encarcerado.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Quen escribiu A Rexenta, considerada unha das grandes novelas do realismo español?

a) Benito Pérez Galdós

b) Clarín (Leopoldo Alas)

c) Emilia Pardo Bazán

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal larazon.es/cultura, es.wikipedia.org e propia     Imaxes:  es.wikipedia.org 

0 comentarios