Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? XII

Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Cadmio. En efecto, o cadmio. E mellor que te manteñas o máis afastado posible del, xa que é dun dos elementos máis tóxicos e perigos para a vida. De número atómico 48 situado no grupo 12 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Cd. É un metal pesado, brando, branco azulado, relativamente pouco abundante. Normalmente atópase en minas de zinc e emprégase especialmente en pilas.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Relaciona os elementos químicos co seu símbolo:

Sodio           Sn

Prata            Au

Ouro             Na

Estaño         Ag

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org e mimoke.com

0 comentarios