CANTO SABES DA REXIÓN DE MURCIA? VII
Continúo coa serie adicada á Rexión de Murcia, tamén coñecida como o “Xardín de Europa”. Destacamos as súas reservas mariñas, praias paradisíacas, pinturas rupestres, vestixios romanos, tradicións únicas, chans fértiles e as terras de cultivo que se estenden en todas direccións dan lugar a marabillosos froitos, apreciados nos seus pratos irresistibles, e unha natureza envexable.
A contestación correcta á pregunta de onte é Mar Menor. O Mar Menor é unha lagoa de auga salgada, situada xunto ao mar Mediterráneo, na rexión de Murcia. Os seus especiais características ecolóxicas e naturais fan do Mar Menor unha paraxe natural única e o lago de auga salgada maior de Europa. De forma semicircular, está separado do mar Mediterráneo por unha franxa de area de 22 km de lonxitude e de entre 100 e 1.200 m de anchura, denominada A Manga do Mar Menor. No seu perímetro litoral conta con 73 km de costa, na que se van sucedendo praias de augas transparentes e pouco profundas (a profundidade máxima non é superior a 7 m), e ten 170 km² de superficie. Por certo poderíase considerar como una albufeira, pero cando falamos de A Albufeira referímonos á de Valencia.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Cal é o punto máis alto da Rexión de Murcia?
- Cume Carrascoy
- Serra de Espuña
- Cume dos Obispos
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: regmurcia.com e es.wikiloc.com
0 comentarios