Blogia
vgomez

CANTO SABES DA REXIÓN DE MURCIA? XI

Continúo coa serie adicada á Rexión de Murcia, tamén coñecida como o “Xardín de Europa”. Destacamos as súas reservas mariñas, praias paradisíacas, pinturas rupestres, vestixios romanos, tradicións únicas, chans fértiles e as terras de cultivo que se estenden en todas direccións dan lugar a marabillosos froitos, apreciados nos seus pratos irresistibles, e unha natureza envexable.

A contestación correcta á pregunta de onte é Fernando López Miras. (Murcia, 4 de outubro de 1983), avogado e político,  actual presidente da Rexión de Murcia​ desde 2017. Tamén preside o PP da Región de Murcia​ desde ese mesmo ano.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cantos concellos ten a Rexión de Murcia?

- 35

- 45

- 55

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org  

0 comentarios