Blogia
vgomez

CANTO SABES DA REXIÓN DE MURCIA? XII

Continúo coa serie adicada á Rexión de Murcia, tamén coñecida como o “Xardín de Europa”. Destacamos as súas reservas mariñas, praias paradisíacas, pinturas rupestres, vestixios romanos, tradicións únicas, chans fértiles e as terras de cultivo que se estenden en todas direccións dan lugar a marabillosos froitos, apreciados nos seus pratos irresistibles, e unha natureza envexable.

A contestación correcta á pregunta de onte é 45. A Rexión de Murcia está dividida en 45 concellos. Varios deles rozan ou incluso superan aos 1.000 km² de extensión, como Lorca (1.676 km²), que é o segundo municipio máis extenso do Estado español despois do de Cáceres, en Estremadura. Por este motivo, en Murcia é común a división dos municipios en pedanías e deputacións; así, o municipio de Murcia posúe 54 pedanías e o municipio de Cartagena 24 deputacións. Na Rexión hai 66 deputacións (pertencentes ás localidades de Cartagena, Lorca e Totana) e 295 pedanías (do resto de municipios). Albudeite e Pliego non teñen pedanías.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cantos comarcas ten a Rexión de Murcia?

- 6

- 12

- 18

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org  Imaxes: miacademiadeoposiciones.com e es.wikipedia.org

0 comentarios