CANTO SABES DE BURKINA FASO? IX
Continúo coa serie adicada a de Burkina Faso, ese país africano, sen litoral, que durante moito tempo, foi coñecido como Alto Volta. Un país que ten una natureza espectacular!
A contestación correcta á pregunta de onte é Mouhoun. Os ríos que atravesan Burkina Faso son os que deron nome ao país en tempos pasados. Son o Volta Negro (Mouhoun), o Volta Blanco (Nakambé) e o Volta Vermello (Nazinon). O priemiro desles, Mouhoun (Volta Negro), é o único curso de auga permanente cunha conca de 92.000 km², atravesa o país ao longo dun 860 km, nacendo nas ladeiras setentrionais do macizo de arenisca do cantil de Banfora, nunha rexión onde as precipitacións superan os 1000 mm anuais. Ao principio flúe en dirección nordés, antes de curvarse bruscamente cara ao sur. Na confluencia co Sourou, a conca do Mouhoun e os seus principais afluentes (Plandi, Kou, Voun Hou) proporcionan un caudal medio de 25 m³/s. Con todo, este caudal é moi irregular.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Con cantos Parques Nacionais conta Burkina Faso?
- 1
- 2
- 3
- 4
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: geografia.laguia2000.com e es.wikipedia.org
0 comentarios