Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BURKINA FASO? XII (FIN)

Remato, hoxe, coa serie adicada a de Burkina Faso, ese país africano, sen litoral, que durante moito tempo, foi coñecido como Alto Volta. Un país que ten una natureza espectacular!

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Non. O goberno actual de Burkina Faso é unha xunta militar encabezada polo capitán Ibrahim Traoré (1988), quen asumiu o poder tras un golpe de estado en setembro de 2022.

Este réxime militar ha estendido a transición a un goberno civil por cinco anos, con eleccións pospostas ata despois deste período. O goberno está caracterizado por un forte poder militar e por declarar que o país está nunha "revolución progresista e popular" en lugar dunha democracia tradicional. A toma do poder por militares deuse en resposta, segundo eles, á incapacidade dos gobernos anteriores para facer fronte á insurxencia xihadista que afecta o país.

E así remato esta serie, esperando que servise para saber algo máis deste país moi descoñecido.

Ata a próxima serie!

FONTE e Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios