CANTO SABES DE AUSTRIA? XV
Continúo coa serie adicada Austria, un país de Europa Central sen saída ao mar, destaca polas paisaxes alpinas, cidades históricas e unha rica cultura musical.
A contestación correcta á pregunta de onte é Catolicismo. Na relixión de Austria a Igrexa católica é predominante. Existe ademais, un grupo máis reducido de protestantes, na súa maioría luteranos. Pola contra, o número de musulmáns en Austria incrementouse nos últimos anos. A saber…
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
15. Cal é o Presidente de Austria?
1- Andrea Eder-Gitschhaler
2- Christian Stocker
3- Alexander Van der Bellen
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: es.wikipedia.org e Imaxes: es.wikipedia.org e parlament.gv.at
0 comentarios