O marabilloso mundo das células
Eva Nogueiras é biofísica e unha das grandes referentes mundiais no estudo da estrutura molecular. A científica comparte co mundo os descubrimentos que fai no seu laboratorio con rigor e unha extraordinaria capacidade para traducir a complexidade molecular en coñecemento fundamental sobre como funcionan as células.
Catedrática na Universidade de California en Berkeley e investigadora do Howard Hughes Medical Institute, Nogueiras foi pioneira no seu campo e abriu novas xanelas para entender procesos crave como a división celular, a expresión xénica e a orixe molecular de numerosas enfermidades.
Cunha ciencia que une física, química e bioloxía, Nogueiras reivindica o coñecemento como motor social. Apostando polas novas xeracións e polas mulleres científicas, a biofísica demostra como o funcionamento das nosas células fannos únicos pero tamén parte dun todo do que aínda queda moito por descubrir.
0 comentarios