TAL DÍA COMO HOXE: 18 DE FEBREIRO...
1519 Na Habana (Cuba), Hernán Cortés, cunha frota de once naves e un milleiro de homes, emprende a súa gran expedición para conquistar México.
1861 En Montgomery (Alabama), Jefferson Davis é nomeado presidente provisional dos Estados Confederados de América.
1885 En Estados Unidos, Mark Twain publica As aventuras de Huckleberry Finn.
1911 En Allahabad (India) ten lugar o primeiro voo oficial con correo aéreo, cando Henri Pequet, un piloto de 23 anos, entrega 6.500 cartas na cidade de Naini (a 10 km de distancia).
1930 Clyde Tombaugh descobre Plutón (estudando fotografías tomadas en xaneiro).
1977 En Estados Unidos, o transbordador espacial de proba Enterprise realiza o seu voo de bautismo montado sobre un avión Boeing 747.
2007 Inicio da conmemoración como Día Internacional da Síndrome de Asperxer (en honra ao nacemento de Hans Asperxer).
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: amazon.es e blogger.googleusercontent.com
0 comentarios