CANTO SABES DE NEPAL? III
Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.
A contestación correcta á pregunta de onte é Katmandú. Localízase no val de Katmandú no Nepal central, próxima ao río Vishnumati, a 1370 metros de altitude. É a única cidade do país co status administrativo de Mahanagar (cidade metropolitana). En 2025 tiña unha poboación de 1,5 millones habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Cal é, aproximadamente, a extensión de nepal?
- 100.000 km2
- 125.000 km2
- 150.000 km2
- 175.000km2
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: mundo-albergues.com e greattibettour.com
0 comentarios