Blogia
vgomez

FRASES: A GUERRA

A apoteose da guerra, de Vasily Vereshchagin

Non sei o que pensades, pero mundo esta tolo. Guerras en todo o mundo. A última, por agora, Irán!

Penso que temos que pararnos un chisco a pensar, a reflexionar. Aquí tedes algunhas frases para facelo:

A primeira é do filóso alemán Friedrich Nietzsche (1844-1900): 

A guerra volve estúpido ao vencedor e rencoroso ao vencido.

A segunda é do escritor alemán Thomas Mann (1875-1955):

A guerra é a saída covarde aos problemas da paz.

A terceira é do historiador grego Heródoto de Halicarnaso (484 a.C.-425 a.C.):

Ningún home é tan parvo como para desexar a guerra e non a paz; pois na paz os fillos levan aos seus pais á tumba e na guerra son os pais quen leva aos seus fillos á tumba.

A cuarta é do que fora presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy (1917-1963):

O home ten que establecer un final para a guerra. Senón, esta establecerá un fin para a humanidade

E a última, quinta, é do activista estadounidense Martin Luther King (1929-1968):

Unha nación que gasta máis diñeiro en armamento militar que en programas sociais achégase á morte espiritual.

Nesta escalada, a onde imos e en mans de quen estamos? 

FONTE: lavanguardia.com

0 comentarios