CANTO SABES DE NEPAL? VII
Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.
A contestación correcta á pregunta de onte é República. Oficialmente República Democrática Federal de Nepal. Ata 1990 Nepal foi unha monarquía absoluta. A constitución de 1990 definiu ao Estado nepalí como unha monarquía parlamentaria hindú. A constitución provisional de decembro de 2007 aboliu a monarquía e proclamou a república. A actual constitución, en vigor desde 2015, define a Nepal como unha República Parlamentaria Federal. O presidente ostenta poderes esencialmente cerimoniais e é elixido indirectamente por un colexio electoral
formado por membros da cámara baixa e das asembleas parlamentarias
provinciais. Á fronte do Consello de Ministros está o primeiro ministro, nomeado polo presidente tras solicitar o respaldo da cámara baixa. O parlamento federal está composto por unha cámara baixa (Cámara de Representantes) e unha cámara alta (Asemblea Nacional). O Tribunal Supremo actúa como tribunal de casación e existen 16 tribunais de apelación e 75 de distrito.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Nepal esta organizado territorialmente en provincias (नेपालका प्रदेशहरू; Nepalka Pradeshaharu), pero en cantas?
- 5
- 6
- 7
- 8
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e sitio-nepal.neocities.org
0 comentarios