Blogia
vgomez

CANTO SABES DE LITUANIA? III

Continúo coa serie adicada a Lituania, a maior e máis poboada das tres repúblicas bálticas, situada no nordés de Europa cun rico patrimonio histórico, paisaxes cubertas por densos bosques e costas no mar Báltico.

A contestación correcta á pregunta de onte é Vilna. É a capital e cidade maior de Lituania, cunha poboación de 576.657 habitantes. Situada na provincia de Vilnius. A súa cidade vella foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994. En 2009 foi a Capital Europea da Cultura xunto coa cidade austríaca de Linz.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal destas é a bandeira de Lituania?

- 1

- 2

- 3

- 4

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es   Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios