TAL DÍA COMO HOXE: 23 DE MARZO...
1534 En Roma, o papa Clemente VII declara que excomungará a Enrique VIII de Inglaterra se persiste en divorciarse de Catalina de Aragón.
1766 En Madrid empeza o Motín de Esquilache, revolta popular en protesta pola política do ministro de Carlos III.
1839 En Estados Unidos rexístrase por primeira vez o uso do OK como abreviatura de oll korrect no xornal Boston Morning Post.
1857 En Nova York, Elisha Otis instala o primeiro ascensor en Broadway 488.
1903 En Estados Unidos, os Irmáns Wright solicitan unha patente para a súa invención do aeroplano de á fixa.
1923 en Sevilla estréase a cantata O Retablo de Maese Pedro, do compositor español Manuel de Falla.
1959 Günter Grass publica a novela O tambor de folla de lata.
1965 A NASA lanza o Gemini 3, a primeira nave con dous astronautas (Gus Grissom e John Young).
1998 En Estados Unidos, a película Titanic recibe 11 Óscares.
1989 O asteroide 4581 Asclepius (de 300 m de diámetro) pasa a 0,70 millóns de km da Terra (en comparación, a Lúa atópase a uns 0,38 millóns de km).
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: es.wikipedia.org e instragram.com
0 comentarios