Blogia
vgomez

A INTELIXENCIA NON CHE DA A FECLICIDADE

Se a intelixencia é a capacidade de resolver problemas, somos os humanos tan intelixentes como dicimos ser? Emiliano Bruner analiza neste vídeo se dita definición de intelixencia é a correcta e se o homo sapiens soubo utilizala de maneira sabia.

Con rigor e espírito divulgativo, Bruner reflexiona sobre a utilización que os humanos fixeron da súa característica diferenciadora ao longo da evolución. Unha intelixencia que converteu a nosa especie en única, pero que posiblemente non foi orientada cara a alcanzar o benestar individual. 

Emiliano Bruner é biólogo, investigador e autor de estudos en antropoloxía que deron a volta ao mundo e de libros como A maldición do home mono e Antropolóxica Mente. A maneira na que comparte os seus amplos coñecementos sobre a evolución do cerebro humano abren camiños e mente. Un paso vital para seguir adiante como individuos e como especie. 

0 comentarios