CANTO SABES DE LITUANIA? IX
Continúo coa serie adicada a Lituania, a maior e máis poboada das tres repúblicas bálticas, situada no nordés de Europa cun rico patrimonio histórico, paisaxes cubertas por densos bosques e costas no mar Báltico.
A contestación correcta á pregunta de onte é lago Drūkšiai. Situado no nordés de Lituania e a Rexión de Vitebsk, Belarús. A profundidade máxima do lago é 33.3 m, e a media é 7.6 m. A canle do lago foi formado durante o movemento glaciar por dous leitos perpendiculares, que eran estendidos de norte a sur e de oeste a leste. Lituania conta con máis de 2.800 lagos, cubrindo o 1,5% do seu territorio, coa maior concentración no nordés e as Terras Altas do Báltico.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Cal é, aproximadamente, a extensión de Lituania?
- 45.0000 km2
- 55.0000 km2
- 65.0000 km2
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es
0 comentarios