Blogia
vgomez

CANTO SABES DE LITUANIA? XIII

Continúo coa serie adicada a Lituania, a maior e máis poboada das tres repúblicas bálticas, situada no nordés de Europa cun rico patrimonio histórico, paisaxes cubertas por densos bosques e costas no mar Báltico.

A contestación correcta á pregunta de onte é Litas. A litas lituana foi a moeda oficial de Lituania desde o 25 de xuño de 1993 ata O 31 de decembro de 2014, cando foi definitivamente substituida polo euro. Dividíase en 100 centų. A primeira litas introduciuse en 1922 tras a Primeira Guerra Mundial, cando Lituania declarou a súa independencia, e o 25 de xuño de 1993, tras un período de cambio do rublo soviético en forma de talonas. Entre 1994 e 2002, a litas foi vinculada ao dólar de maneira fixa. En 2002, pasou a estar vinculada ao euro. O 1 de xaneiro de 2015, Lituania pasou a adoptar o euro como a súa nova moeda. 

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Lituania foi una das quince repúblicas constituientes dea antiua Unión Soviética. En que ano sedeclarou como estado independiente?

- 1918

- 1944

- 1990

- 2015

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: numismatica-visual.es e es.wikipedia.org

0 comentarios