Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XAPÓN? XVI

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Maruhito. (Tokio, 23 de febreiro de 1960), cuxo nome completo é Hiro-non-miya Naruhito, é o 126º e actual emperador do Trono do Crisantemo desde o 1 de maio de 2019 tras a abdicación do seu pai. É o fillo maior do emperador emérito Akihito e da emperatriz Michiko. A súa esposa e consorte é a emperatriz Masako. O seu ascenso ao trono deu inicio á era Reiwa, que será o seu nome póstumo como emperador.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Cal é a árbore nacional de Xapón?

- Crisantemo

- Cerdeira

- Amendoeira

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: freepik.es

0 comentarios