CANTO SABES DE LETONIA? V
Continúo coa serie adicada a Letonia, a Xoia do Báltico. Un país cheo de natureza, historia e unha cultura moi rica.
A contestación correcta á pregunta de onte é 65.000 km2. Exactamente 64.589 km2. A modo comparativo, para que te fagas unha idea, moi similar a Lituania (65.301 km2) e algo menos que Castela-A Mancha (79.461 km2).
E imos coa pregunta de hoxe!!
5. Cal é, aproximadamente, a poboación de Letonia?
- 1.000.000 habitantes
- 1.2500.000 habitantes
- 1.500.000 habitantes
- 1.750.000 habitantes
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: exteriores.gob.es Imaxes: es.wikipedia.org e fronterad.com
0 comentarios