TAL DÍA COMO HOXE: 14 DE ABRIL...
73 En Masada, preto de Xerusalén (Xudea), os xudeus defensores da fortaleza cometen un suicidio colectivo para non entregarse aos romanos.
1182 En España inaugúrase a mesquita de Sevilla, cuxas obras se iniciaran dez anos antes.
1865 Nos Estados Unidos, John Wilkes Booth dispara ao presidente Abraham Lincoln, que morre ao día seguinte 15 de abril
1894 Nos Estados Unidos, Thomas Edison presenta o kinetoscopio, artefacto para ver imaxes, que foi un precursor das películas cinematográficas. Baséase nunha idea do inventor Eadweard Muybridge.
1912 No medio do océano Atlántico norte (a 1950 km ao este de Nova York, 3430 km ao oeste do Porto (Portugal) e 600 km ao sur-sueste da costa de Terranova), o barco británico Titanic choca contra un iceberg ás 23.40 na súa viaxe inaugural: acabou de afundirse ás 2.20 da madrugada seguinte. Morren 1517 persoas das 2223 que viaxaban a bordo.
2003 En Estados Unidos complétase o mapa do xenoma humano.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios