CANTO SABES DE LETONIA? VIII
Continúo coa serie adicada a Letonia, a Xoia do Báltico. Un país cheo de natureza, historia e unha cultura moi rica.
A contestación correcta á pregunta de onte é Outeiro Gaizina. A maior parte do terreo de Letonia atópase a menos de 100 metros sobre o nivel do mar, sendo a paisaxe típica de outeiros, bosques e pantanos. Outeiro Gaizina: 312 metros, Outeiro Sirdskalns: 296 metros e Outeiro Nesaules: 284 metros.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. El río Daugava é o máis importante de Letonia, pero pasa por outros países. Cal é o río máis longo do país que flúe integramente por Letonia?
- Venta
- Lielupe
- Gauja
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios