CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XIII
Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.
A contestación correcta á pregunta de onte é Álava. Un enclave é un territorio ou terreo que está situado no interior doutro máis extenso e de características diferentes. O Condado de Treviño é un concello da provincia de Burgos (Castela e León), que xunto co municipio de La Puebla de Arganzón forma o enclave de Treviño, situado dentro da provincia vasca de Áraba (Álava). A capital do municipio é a localidade de Treviño.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Onde se atopan os "ollos do guadiana"?
- Cidade Real
- Badaxoz
- Albacete
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Propia e es.wikipedia.org Imaxes. as.com e villarrubiadelosojos.com
0 comentarios