ENCRUCILLADO CXCIC
VERTICAIS: 1. Persoa que abandona o seu partido para pasar a outro, ou aquela que traizoa a súa causa 2. Apelido da homenaxeada neste ano no Día das Letras Galegas 2026 4. Peixe da familia dos pleuronéctidos, de corpo aplanado e oval, con cabeza e boca pequenas, do que existen varias especies 7. Substancia viscosa, densa, de cor parda escura ou negra, obtida por destilación de determinados tipos de carbón, madeira etc., que se emprega para diversos usos industriais e da que se obtén aceite, parafina, pez, naftalina etc.
HORIZONTAIS: 3. Familia de virus que poden causar enfermidades graves e a morte, que se propagan principalmente a través de roedores, cunha probabilidade de contaxio interpersoal moi pouco probable, só en casos de contacto moi estreito e directo cun caso sintomático 5. Derivado líquido do petróleo natural, de cor amarelada, obtido por destilación e empregado para a iluminación e como carburante ou como combustible de avións 6. Ave mariña da familia dos álcidos, da que existen diversas especies, coa plumaxe negra na parte superior e branca na inferior, e que se alimentan das presas que capturan mergullándose na auga 8. Arbusto silvestre da familia das leguminosas, con moitos ramallos, flores amarelas e unha especie de alas que percorren o talo e que forman en cada nó tres pequenos dentes, ao cal se lle atribúen moitas propiedades medicinais e de nome científico Chamaespartium tridentatum 9. Capital de Bután 10. Elemento químico metálico do grupo dos térreos, de cor branca prateada, maleable e facilmente fusible, de símbolo In.
0 comentarios