CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXVII
Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.
A contestación correcta á pregunta de onte é Madrid. Segundo datos do INE (1 de xaneiro 2025) Madrid é o municipio con maior poboación con 3.506.730 habitantes, séguelle Barcelona con 1.731.649 habitantes e Valencia con 840.792 habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!
27. Cal é a illa máis grande do arquipélago das Baleares?
- Eivisa
- Mallorca
- Formentera
- Menorca
FONTE: Propia e es.wikipedia.org Imaxes: d-maps.com e gl.wikipedia.org
0 comentarios