PREMIOS PRINCESA DE ASTURIAS 2026: INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA E TÉCNICA
Os químicos británicos David Klenerman (1959) e Shankar Balasubramanian (1966) e o biofísico francés Pascal Mayer (1963), pioneiros na tecnoloxía de nova xeración para a secuenciación de ADN, foron elixidos Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2026. No ano 2000, secuenciar un xenoma humano levaba máis de dez anos e custaba máis de mil millóns de dólares. Agora, grazas á súa achega, pódese conseguir en cuestión de horas e costa menos de mil dólares, o que significa que se secuencian millóns de xenomas cada ano.
Parabéns!
FONTE e Imaxe: fpa.es
0 comentarios