Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXIX

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Badaxoz. Mérida é a capital da comunidade autónoma de Estremadura e sede das súas institucións de goberno. Foi unha importante colonia romana, fundada no ano 25 aC polo emperador Augusto baixo o nome de Augusta Emerita, que exerceu de capital da provincia de Lusitania. Foi tamén capital do Reino Visigodo de España no século VI.

E imos coa pregunta de hoxe!

29. Onde desemboca o río Odiel?

- Mar Cantábrico

- Océano Atlántico

- Mar Mediterráneo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org   Imaxes: infolaso.com e es.wikipedia.org

0 comentarios