TAL DÍA COMO HOXE: 21 DE MAIO...
1912 En Francia, o dirixible Clement Bayard alcanza os 2.900 m de altura.
1919 En EEUU, a Cámara de Representantes autoriza o sufraxio feminino.
1925 O explorador noruegués Roald Amundsen parte cara ao polo norte.
1946 No Laboratorio Os Álamos (Novo México) o físico canadense Louis Slotin (35) sofre un accidente nuclear durante un experimento. Falecerá 9 días despois de envelenamento por radiación. Nove meses antes sucedera un accidente similar co mesmo dispositivo.
1969 A nave espacial estadounidense Apolo X achégase a 15 quilómetros da Lúa. Dous dos seus tres tripulantes saen do módulo lunar.
1998 En Portugal, o presidente Jorge Sampaio, inaugura a Exposición Universal de Lisboa, a última do milenio.
2004 O sherpa Pemba Dorji bate a marca de subida ao Everest, cunha nova marca de 8 horas e 10 minutos desde o campamento basee, máis de dúas horas menos que o crono anterior.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: facebook.com e leme.pt
0 comentarios