TAL DÍA COMO HOXE: 26 DE MAIO...
1897 Publícase a novela Drácula, do autor irlandés Bram Stoker.
1906 O enxeñeiro August Franz Max von Parseval realiza a primeira ascensión a bordo dun dirixible non ríxido. A aeronave ten 48 metros de lonxitude, contén 2500 m3 de gas e está dotada de 90 cv de potencia.
1914 En París estréase a ópera O reiseñor, de Ígor Stravinski.
1956 En Estados Unidos estréase a película Centauros do deserto, dirixida por John Ford e protagonizada por John Wayne.
1986 A Unión Europea adopta a súa bandeira.
2002 En Marte, unha nave da NASA detecta indicios da existencia de auga xeada.
2003 En Turquía estrélase un avión Yakovlev Yak-42 e morren 62 militares españois.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: imbd.com/es e defensa.com
0 comentarios