Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXXV

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Azores, Madeira, Cabo Verde e Illas Salvaxes. Macaronesia é unha designación moderna para identificar os varios grupos de illas no océano Atlántico Norte preto da Europa e do norte de África, que comparten unha serie de trazos, en especial bioxeográficos, comúns. Consta de cinco arquipélagos: Azores (Portugal), Madeira (Portugal), Canarias (España), Cabo Verde, (República de Cabo Verde) e Illas Selvagens (Portugal).

E imos coa pregunta de hoxe!

35. Completa o mapa das Rías Altas e Rías Baixas: Vigo, Muros, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Betanzos Arousa

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e elauladehistoria.blogspot.com

0 comentarios