Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXXVIII

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tarragona. O Delta do Ebro localízase na desembocadura do río Ebro, na provincia de Tarragona, entre as comarcas do Baix Ebre e do Montsià, na parte máis meridional de Cataluña. O río Ebro, o máis caudaloso da Península Ibérica, é o principal responsable desta contorna, achegando os materiais arrincados da súa cabeceira para depositalos aquí, na conxunción co Mediterráneo. Os sedimentos son por tanto, materiais provenientes dos Pireneos, o sistema Ibérico e a Cordilleira Cantábrica, lugares de onde nace o río e afluentes del. A cantidade de materiais sedimentados crearon unha superficie de máis de 320 km², na que se formaron numerosos hábitats. A actual forma do Delta é unha "frecha" perfectamente debuxada que penetra preto de 22 km no mar, creando así o terceiro maior delta do Mediterráneo tras o Delta do Nilo con 24.000 km² e o do Ródano, que abarca unha superficie de 500 km².

E imos coa pregunta de hoxe!

38. Onde se atopa a comarca de Liébana?

- Castela e León

- País Vasco

- Cantabria

- Galicia

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org       Imaxes: elpaisquenuncaseacaba.blogspot.com e es.wikipedia.org

0 comentarios