Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XL (FIN)

Remato coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Parte de castela-A Mancha e parte de Madrid. A Alcarria é unha comarca natural castelá situada na submeseta Sur, que comprende a maior parte do centro e sur da provincia de Guadalaxara, o noroeste da provincia de Cuenca e o sueste da provincia de Madrid, podendo considerarse alcarreños tamén algúns municipios da comarca de Tarancón (Cuenca) e da mesa de Ocaña (Toledo). É unha comarca transitoria entre as serras do sistema Ibérico e a chaira da Mancha. 

E así remato esta serie, que terá nalgún momento continuidade, pois a xeografía de España é moi ampla.

Ata a próxima serie!

FONTE: Propiea e es.wikipedia.org        Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios