Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA?

A xeoloxía é unha ciencia única e magnífica. Pero, que a fai tan especial? Poderías preguntalo con razón. Un bo xeólogo ten que saber un pouco de todo: de física, química, xeografía, matemáticas, bioloxía, enxeñería e moitos, moitos campos máis. 
A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta. E unha parte importante da xeoloxía é o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

Gustaríache averiguar o que sabes de xeoloxía? Si?

Pois a partir de hoxe comezamos unha serie na que poderá averigualo. Anímaste?

Pois alá imos!

1. A palabra "xeoloxía" vén das palabras que significan "terra" e "sabedoría", en que idioma?

- Chinés

- Grego

- Hausa

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: zoo.com/quiz e propia    Imaxe: ecured.cu

0 comentarios