Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? V

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Descontinuidade de Mohorovičić. Ás veces chamada descontinuidade M ou simplemente moho, é unha zona de transición entre a codia e o manto terrestres. Sitúase a unha profundidade media duns 35 km, podendo encontrarse até 70 km de profundidade baixo os continentes ou a tan só 10 km baixo os océanos. Ponse de relevo cando as ondas sísmicas P e S aumentan bruscamente a súa velocidade. Constitúe a superficie de separación entre os materiais rochosos menos densos da codia, formada fundamentalmente por silicatos de aluminio, calcio, sodio e potasio, e os materiais rochosos máis densos do manto, constituído por silicatos de ferro e magnesio.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Que é a intensidade dun terremoto?

- A cantidade de enerxía liberada no terremoto

- Os efectos que produce o terremoto

- A cantidade de enerxía liberada e os efectos que produce o terremoto

Mañá asolución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e gl.wikipedia.org    Imaxes: gl.wikipedia.org e nationalgeographic.com.es

0 comentarios