Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? VII

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Zona de colisión da placa India e a placa Euroasiática. De acordo coa teoría da tectónica de placas, o Himalaia é o resultado da colisión da placa India e a placa de Eurasia. Esta colisión iniciouse no Cretácico superior (hai preto de 70 millóns de anos). A placa da India, que se dirixía cara ao norte a unha velocidade de 15 centímetros por ano, chocou coa placa Euroasiática. A parte do océano Tetis que as separaba desapareceu completamente hai preto de 50 millóns de anos. A placa da India continúa movéndose a unha velocidade constante duns 5 centímetros por ano, subduciéndose baixo a placa euroasiática e causando a elevación dos Himalaias e da meseta tibetana.

7. Identifica as placas sinaladas.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e gl.wikipedia.org       Imaxes: edea.juntadeandalucia.es e univision.com

0 comentarios