Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XAPÓN? X

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.  

A contestación correcta á pregunta de onte é Shinano. O río Shinano é o río máis longo de Xapón. Ten 367 km de lonxitude e a súa conca, con 11.900 km², é a terceira entre os ríos de Xapón. Ten a súa fonte ao oeste do monte Kobushi. Preto da cidade de Niigata desemboca no mar do Xapón, no tramo do estreito de Sado.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o punto máis elevado de Xapón

- Monte Kita

- Monte Fuji

- Monte Aino

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: websaber.es e nippon.com/es

0 comentarios