Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? VIII

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Sikhismo. Tamén coñecido tradicionalmente como gurmat ou dharma sikh, é unha relixión do estado indio fundada por Gurú Nanak (1469-1540), que se desenvolveu no contexto do conflito entre as doutrinas do hinduísmo e do islam durante os séculos XVI e XVII na rexión de Punyab do Imperio mogol. O seu principal texto sacro é o Sri Gurú Granth Sahib Ji. As crenzas fundamentais inclúen a meditación espiritual constante sobre o nome de Deus (chamado Ek Onkar), ser guiado polo gurú en lugar de renderse ao capricho, vivir a vida dun cabeza de familia en lugar do monasticismo, a acción sincera ao dharam (rectitude, deber moral), a igualdade de todos os seres humanos e crer na graza de Deus. Aos seguidores do sikhismo chámanse sikhs. É a sexta relixión do mundo por número de crentes.​   

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Aquí tes a cruz ortodoxa e unha igrexa ortodoxa. A igrexa ortoxoxa unha igrexa cristiá, que se considera a si mesma como a igrexa unha, santa, católica e apostólica fundada por Xesús Cristo. Son moitas as diferenzas coa igrexa católica apostólica romana. Unha delas é refrente ao bautismo. Na igrexa ortodoxa..

- Derraman auga sobre a cabeza do bautizado

- Somerxen ao bautizado na auga da pía bautismal

- Non empregan auga para bautizar.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e elperiodicomediterraneo.com    Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios