Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XII

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é  Mesozoica. Os dinosauros apareceron na Terra hai aproximadamente 250 millóns de anos, a principios do período Triásico, alcanzando o seu maior auxe no Xurásico. Durante 165 millóns de anos dominaron o planeta durante a Era Mesozoica, ata a súa tráxica extinción masiva do Cretácico-Paleóxeno hai 66 millóns de anos provocada polo impacto dun asteroide.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Identifica estes fósiles: 

- Ammonites

- Trilobites

- Spirifer

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e gl.wikipedia.org     Imaxes: muyinteresante.okdiario.com e es.wikipedia.org

0 comentarios