CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XIV
Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.
A contestación correcta á pregunta de onte é...
As rochas sedimentarias fórmanse mediante a acumulación, compactación e cementación de sedimentos, que son partículas de minerais, rochas ou materia orgánica transportadas pola auga, o xeo ou o vento. Divídense en detríticas ou clásticas (formadas por la acumulación de fragmentos (clastos) de otras rochas), químicas (formadas por precipitación de minerais disoltos na auga) e orgánicas ou bioquímicas (formadas por acumulación e consolidación de restos de seres vivos: animais e plantas, como é o caso do noso exemplo: o carbón).
As rochas metamórficas fórmanse a partir de rochas preexistentes (xa sexan ígneas ou sedimentarias) que son sometidas a altas presións e temperaturas no interior da Terra, o que cambia a súa estrutura mineralóxica sen chegar a fundilas. Divídense en foliadas (Presentan bandas ou capas aliñadas debido á presión, como é o caso do noso exemplo: a pizarra) e non foliadas (Textura máis homoxénea e cristalina).
As rochas ígneas ou magmáticas fórmanse polo arrefriado e a solidificación do magma (rocha fundida). Divídense principalmente en dous tipos: Plutónicas ou intrusivas (o magma arrefríase lentamente no interior da Terra, permitindo a formación de cristais grandes, como é o caso do noso exemplo: o granito) e volcánicas ou extrusivas (o magma (lava) sae á superficie e arrefríase rapidamente).
E imos coa pregunta de hoxe!
14. Seguindo o dito anteriormente, identifica e clasifica: petrçoleo, mármore e basalto.
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Propia e gl.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios