Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA XVI

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é...

Tanto o grafito como o diamante están compostos exactamente polo mesmo elemento: carbono puro. Con todo, son formas alotrópicas distintas; é dicir, a disposición dos seus átomos é diferente, o que xera propiedades físicas e ópticas radicalmente opostas. O cuarzo é o segundo mineral máis abundante da codia terrestre, composto por dióxido de silicio.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. En xeoloxía, denomínase falla a unha fractura, xeralmente plana, no terreo ao longo da cal se deslizaron os dous bloques o un respecto ao outro. Identifica os tipos seguintes de fallas:

- Falla normal

- Falla inversa

- Falla rotacional

- Falla de rumbo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e gl.wikipedia.org     Imaxes: mineriaenlinea.com e gl.wikipedia.org

0 comentarios