CANTO SABES DE XEOLOXÍA XVII
Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.
A contestación correcta á pregunta de onte é...
Falla inversa: cando o bloque colgante móvese cara arriba respecto do xacente. Denomínanse cabalgamentos as fallas inversas de baixo ángulo de buzamento. O plano de falla é inclinado.
Falla normal, directa ou de gravidade: cando o bloque colgante ou de teito desprázase cara abaixo respecto ao bloque xacente ou de muro. O plano de falla é inclinado.
Falla de rumbo, en dirección, direccional, transcurrente ou de desgarre: cando o desprazamento é horizontal e paralelo ao rumbo das fallas.
Falla rotacional: cando houbo un compoñente de rotación no desprazamento relativo entre os dous bloques separados pola falla..
E Imos coa pregunta de hoxe!
17. Pregamento ou dobramento é a curvatura producida en rochas por esforzos tectónicos ou gravitatorios. Identifica a clasificación das dobras clásicas: anticlinais e sinclinais.
- 1
- 2
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Propia e g.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e aulavirtual.iesabyla.es
0 comentarios