CANTO SABES DE XEOLOXÍA XXII (FIN)
Remato coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.
A contestación correcta á pregunta de onte é...
Dunas transversais: Son cordóns alongados e perpendiculares á dirección do vento dominante. Fórmanse cando hai abundante area e pouca vexetación.
Dunas lonxitudinais (Seif): Cristas de area longas e paralelas á dirección do vento predominante. Adoitan formarse cando os ventos varían lixeiramente de dirección.
Barcanas (en media lúa): Teñen forma de ’C’ ou de medialúa. Os seus "cornos" apuntan na dirección do vento. Fórmanse cando hai ventos constantes e unha cantidade limitada de area.
Dunas en estrela: Formas complexas cun punto central e múltiples cristas que irradian cara a fóra. Desenvólvense en zonas onde o vento sopra desde múltiples direccións e cambian con frecuencia.
Dunas parabólicas: Teñen forma de ’U’ ou de media lúa invertida (cos cornos apuntando cara ao vento). Son moi comúns en zonas costeiras e desérticas, onde a vexetación fixa os extremos da duna.
E así remato esta serie, esperando que servise para recordar ou afondar algo máis nesta temática!
Ata a próxima serie!
FONTE: Propia e es.wikipedia.org Imaxe: geokarst.es/@OhMagmaMia
0 comentarios